Competencias e prácticas científicas no laboratorio de química: participación do alumnado de secundaria na indagación
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Crujeiras Pérez, Beatriz
Advisors
Jiménez Aleixandre, María Pilar
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Nesta tese examínase: a) o desenvolvemento da competencia científica de alumnado de secundaria a través da súa participación nas prácticas de planificación e posta en práctica de investigacións e de análise e interpretación de datos; e b) as estratexias docentes encamiñadas á transferencia de responsabilidade ao alumnado na indagación. O estudo lévase a cabo ao longo de dous cursos consecutivos (3º e 4º de ESO) e consiste na realización de cinco tarefas de laboratorio cunha duración dúas sesións cada unha e dunha tarefa final de lápiz e papel. Nas tarefas de laboratorio o alumnado traballa en pequeno grupo e na tarefa final de forma individual. As sesións de laboratorio grávanse en audio e vídeo e posteriormente transcríbense. As transcricións resultantes utilízanse para a análise dos desempeños dos participantes. Os resultados apuntan a: a) un modesto progreso dos desempeños do alumnado nestas prácticas ao longo do estudo; e b) unha serie de estratexias docentes que son máis axeitadas para promover a participación do alumnado na indagación.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl



