RT Dissertation/Thesis T1 Competencias e prácticas científicas no laboratorio de química: participación do alumnado de secundaria na indagación A1 Crujeiras Pérez, Beatriz A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais, K1 Competencia científica K1 prácticas científicas K1 indagación K1 deseño de investigacións K1 estudo lonxitudinal AB Nesta tese examínase: a) o desenvolvemento da competencia científica de alumnado de secundaria a través da súa participación nas prácticas de planificación e posta en práctica de investigacións e de análise e interpretación de datos; e b) as estratexias docentes encamiñadas á transferencia de responsabilidade ao alumnado na indagación. O estudo lévase a cabo ao longo de dous cursos consecutivos (3º e 4º de ESO) e consiste na realización de cinco tarefas de laboratorio cunha duración dúas sesións cada unha e dunha tarefa final de lápiz e papel. Nas tarefas de laboratorio o alumnado traballa en pequeno grupo e na tarefa final de forma individual. As sesións de laboratorio grávanse en audio e vídeo e posteriormente transcríbense. As transcricións resultantes utilízanse para a análise dos desempeños dos participantes. Os resultados apuntan a: a) un modesto progreso dos desempeños do alumnado nestas prácticas ao longo do estudo; e b) unha serie de estratexias docentes que son máis axeitadas para promover a participación do alumnado na indagación. YR 2015 FD 2015-01-21 LK http://hdl.handle.net/10347/12072 UL http://hdl.handle.net/10347/12072 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026