Optimización multivariable sen restricións
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta Unidade Didáctica (en diante UD) pertence ó bloque I da materia
troncal “Simulación e Optimización de Procesos Químicos” de 5º de
Enxeñaría Química. No bloque I abórdase a optimización de procesos
químicos e nesta UD tratarase a optimización de procesos químicos de
dúas ou máis variables (optimización multivariable) nos que non existan
restricións.
Aínda que na realidade a maioría dos procesos industriais están
sometidos a certas restricións (de recursos limitados, de produtividade
mínima, etc.), unha simplificación inicial para abordar a optimización destes
procesos é eliminar estas restricións. Por outra banda, hai moi poucos
procesos que estean controlados por unha única variable (presión,
temperatura, caudal, etc.), e polo tanto, a optimización multivariable é o
caso máis común.
Nesta UD preséntanse os algoritmos matemáticos máis importantes
para a optimización dunha función multivariable (función obxectivo, F.O.),
incluíndo tanto aqueles métodos baseados en valores da propia F.O.
(métodos directos) como os métodos que utilizan a primeira e/ou segunda
derivada da F.O. ou matrices inversas (métodos indirectos). A UD está
enfocada ó emprego práctico dos conceptos e métodos que servirán non só
para esta materia senón tamén para a súa aplicación noutras disciplinas da
titulación, e no desenvolvemento profesional do alumno como enxeñeiro
químico.
A duración estimada é de 7 horas (7 sesións de 1 hora), 5 horas de
teoría e 2 horas de seminario.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








