Introdución á xestión dos recursos humanos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A presenza de persoas é unha característica común a todas as organizacións.
Independentemente da súa natureza, tamaño, localización ou funcións desenvolvidas, o logro dos obxectivos organizativos precisa, en maior ou menor medida, de persoas que planifiquen, organicen, dirixan, controlen e desenvolvan as diferentes actividades e recursos involucrados na xestión.
A xestión dos recursos humanos configúrase, por tanto, como unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño afecta á eficiencia e eficacia de empresas e organizacións.
A materia Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos corresponde ao 3º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Presenta ao alumnado diferentes cuestións esenciais relacionadas coa xestión de
recursos humanos. Busca destacar a importancia da xestión de persoas no ámbito organizativo, destacando os procesos e intervencións en relación ás persoas que deben ser desenvolvidos.
A unidade didáctica I Introdución á Xestión de Recursos Humanos introduce diferentes conceptos necesarios para afrontar o estudo da xestión de persoas.
Partindo da definición de recursos humanos, esta unidade presenta brevemente as diferentes actividades involucradas na xestión de persoas, agrupándoas en procesos e intervencións. Estas actividades constitúen o núcleo central da materia e son posteriormente desenvolvidas no resto de unidades didácticas.
Description
Titulación: Grao en Administración e Dirección de Empresas -- Materia: Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos
Keywords
Desenvolvemento| Desarrollo| Motivación| Mantemento| Mantenimiento| Grupos de interese ou Stakeholders| Grupos de interés o Stakeholders| Autoridade de apoio ou staff| Autoridad de apoyo o staff| Procesos de avaliación e compensación| Procesos de evaluación y compensación| Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos| Grao en Administración e Dirección de Empresas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








