A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea
| dc.contributor.advisor | Campos Freire, Francisco | |
| dc.contributor.author | Fernández Lombao, Tania | |
| dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación | |
| dc.coverage.spatial | east=4.334100454026233; north=50.76027800467702; name=Unión Europea | |
| dc.date.accessioned | 2015-06-01T08:41:12Z | |
| dc.date.available | 2015-06-01T08:41:12Z | |
| dc.date.issued | 2015-06-01 | |
| dc.description.abstract | O título desta tese de doutoramento é “A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea”. Esta cabeceira engloba as dúas cuestións sobre as que gravita toda a investigación: os medios de comunicación públicos e o sistema de autorregulación no ámbito da xestión. A inferencia política, os procesos viciados na toma de decisións, a caída da credibilidade e a desidia no cumprimento da misión de servizo público abocou ao groso das corporacións de radiotelevisión públicas da Unión Europea a baixos niveis de credibilidade e reputación. Non se trata dunha caída abrupta, de feito preto da metade continúan controlando o mercado de audiencias dos seus respectivos países, se ben a tendencia é negativa. A crise económica continúa a facer dano nestes entes que se viron obrigados a reestruturar cadros de persoal e reducir servizos. Todo isto, enmarcado nun escenario de converxencia dixital que propiciou a proliferación de canles, a fragmentación das audiencias e a chegada da comunicación 2.0 como alicerce da interactividade. Neste contexto, preséntase a Responsabilidade Social Corporativa como sistema a través do cal xestionar o comportamento responsable no eido económico, social e medioambiental. Ademais, é un concepto chave para garantir o correcto desenvolvemento da función de servizo público que lexitima a propia existencia das radiotelevisións públicas e sen a cal tenderían á desaparición. A investigación xira arredor da implementación da RSC nas corporacións de Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Portugal e Reino Unido. Por unha banda, esmiúzase o contido das memorias de desempeño sobre esta cuestión que estes entes publican periodicamente e, por outra, achéganse os resultados dun cuestionario de vinte e oito preguntas que foi enviado a toas as radiotelevisións públicas europeas, desenvolvan ou non este sistema de xestión. Os resultados constatan que a vontade das nove corporacións que desenvolven accións formalmente entendidas como Responsabilidade Social Corporativa é a de robustecer a reputación nun escenario cada vez máis competitivo. Neste senso, os ámbitos aos que destinan a maior parte dos seus esforzos son o laboral e o medioambiental, seguidos do social. Detéctanse dúas eivas na asunción desta filosofía. A primeira é relativa á pouca atención prestada aos preceptos da misión de servizo público á hora de desenvolver a RSC. A segunda ten que ver coa falta de avaliación. Ningunha das nove corporacións emprega auditorías, internas ou externas, para avaliar o éxito ou fracaso das súas accións. Sen medición non é posible a elaboración de estratexias cribles e realizables. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/13375 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.subject | Medios de comunicación | gl |
| dc.subject | Autorregulación | gl |
| dc.subject | Responsabilidade Social Corporativa | gl |
| dc.subject | Radiotelevisións públicas | gl |
| dc.subject | Unión Europea | |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591002 Medios de comunicación de masas | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::59 Ciencia política::5909 Administración pública::590904 Servicios públicos | gl |
| dc.title | A Responsabilidade Social Corporativa nas radiotelevisións públicas da Unión Europea | gl |
| dc.type | doctoral thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | 3c07b7c5-f27e-4043-9a5e-b1fdc99e7579 | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | 3c07b7c5-f27e-4043-9a5e-b1fdc99e7579 | |
| relation.isAuthorOfPublication | 2668765c-d753-4c13-86c9-5259ad097d65 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 2668765c-d753-4c13-86c9-5259ad097d65 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1