Informe de necesidades sociais de Cabo Verde Desafíos no marco da Axenda 2030 e do V Plan Director da Cooperación Galega (2023-2026)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

No presente informe, o que nos move é afondar nas esixencias sociais de Cabo Verde ás que convén prestar atención na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas, e cunha liña clara de converxencia coas prioridades transversais do V Plan Director de Cooperación Galega (2023-2026) da Xunta de Galicia. É evidente que unha reacción firme diante de necesidades inescusables mediante metodoloxías, estratexias e actuacións impulsadas dende a Academia, suporá o fortalecemento das alianzas entre institucións educativas e a propia sociedade civil, que deben camiñar sempre xuntas, dende sinais de reciprocidade, no logro dunha mellora xenuína das condicións de vida de persoas e comunidades. Non esquezamos o labor imprescindible de responsabilidade social que as universidades deben asumir coa súa contorna. En concreto, este traballo derívase da primeira fase de execución do Proxecto de cooperación galega para o desenvolvemento titulado “COOPAPS. Aprendizaxe-Servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global”, que se desenvolve entre setembro de 2023 e novembro de 2024. O obxectivo xeral desta iniciativa é mellorar o benestar social e a convivencia da comunidade local a través de proxectos educativos que xeren sinerxías entre Universidade e Comunidade a partir da metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS).

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Proxecto de cooperación ao desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo e cooperación para o desenvolvemento. Formando para a cidadanía global (PR815A 2023–5). Financiado ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030 (ORDE do 14 de xuño de 2023, DOG Nº 119 do 23 de xuño de 2023)

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International