Muller e ensinanzas técnicas e industriais na educación secundaria: evolución, situación actual e retos para o futuro.
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A escasa presenza feminina nas titulacións de carácter técnico e industrial é un feito que apenas mudou nas últimas décadas. Os diversos plans e iniciativas desenvolvidas recentemente co fin de fomentar a participación das rapazas nestas disciplinas deixan constancia de que, a pesar de ser considerada por moitos unha problemática do pasado, a polarización dos estudos en función do sexo é unha realidade actual.
Tomando isto en consideración, este Traballo de Fin de Máster pretende coñecer a situación actual respecto da elección de ensinanzas técnicas e industriais por parte das mulleres e ofrecer unha aproximación ao estado da cuestión a través da indagación bibliográfica e o estudo de datos de diferentes organismos públicos e privados. O traballo parte dun percorrido histórico sobre o rol da muller na educación, seguido dunha análise descritiva sobre os factores que afectan á elección dos estudos na educación secundaria para rematar proporcionando datos sobre a situación actual. Ao tempo, realizamos unha análise prospectiva a partir das conclusións achegadas, identificando os posibles retos de cara ao futuro.
Description
Traballo de Fin de Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International



