RT Generic T1 Muller e ensinanzas técnicas e industriais na educación secundaria: evolución, situación actual e retos para o futuro. T2 Mujer y enseñanzas técnicas e industriales en la educación secundaria: evolución, situación actual y retos para el futuro. T2 Woman and technical and industrial studies in secondary education: evolution, current situation and challenges for the future. A1 Núñez Díaz, Rocío K1 Muller, Xénero, Educación secundaria, Estereotipos, STEM tecnolóxico AB A escasa presenza feminina nas titulacións de carácter técnico e industrial é un feito que apenas mudou nas últimas décadas. Os diversos plans e iniciativas desenvolvidas recentemente co fin de fomentar a participación das rapazas nestas disciplinas deixan constancia de que, a pesar de ser considerada por moitos unha problemática do pasado, a polarización dos estudos en función do sexo é unha realidade actual.Tomando isto en consideración, este Traballo de Fin de Máster pretende coñecer a situación actual respecto da elección de ensinanzas técnicas e industriais por parte das mulleres e ofrecer unha aproximación ao estado da cuestión a través da indagación bibliográfica e o estudo de datos de diferentes organismos públicos e privados. O traballo parte dun percorrido histórico sobre o rol da muller na educación, seguido dunha análise descritiva sobre os factores que afectan á elección dos estudos na educación secundaria para rematar proporcionando datos sobre a situación actual. Ao tempo, realizamos unha análise prospectiva a partir das conclusións achegadas, identificando os posibles retos de cara ao futuro. YR 2019 FD 2019-06 LK https://hdl.handle.net/10347/37961 UL https://hdl.handle.net/10347/37961 LA glg NO Traballo de Fin de Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas DS Minerva RD 28 abr 2026