Cambios relacionados coa idade na actividade eléctrica cerebral diante dunha tarefa de memoria de traballo viso-espacial
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores. Consecuentemente, nesta tese de doutoramento analizouse o sinal electroencefalográfico durante a codificación, mantemento e recuperación da información en memoria de traballo viso-espacial. Deste xeito, estudouse tanto a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral, e a súa modulación por manipulacións da carga en memoria e da duración do mantemento; como o impacto do avellentamento en dita actividade. Os resultados amosaron que a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral durante a codificación e recuperación é semellante, abranguendo dende procesos perceptivos ata procesos post-categorización do estímulo. Manipulacións da carga en memoria modularon a asignación de recursos de procesamento para procesos de avaliación e categorización dos estímulos, así como para procesos postcategorización. En tanto que as manipulacións da duración do mantemento, modularon os recursos de procesamento recrutados por procesos perceptivos e de avaliación estimular durante a recuperación. Pola súa parte, o mantemento de información caracterizouse por un aumento da inhibición en áreas cerebrais irrelevantes para a tarefa, concorrente cunha redución dependente da carga na inhibición en áreas relevantes. En canto ó avellentamento, existe unha diminución da velocidade en diferentes aspectos da avaliación estimular durante a codificación e a recuperación. Tamén se observou maior dependencia do recrutamento dos recursos de procesamento frontais en relación ós parietais nos maiores. Amais, durante o mantemento de información apreciouse unha ineficiente coordinación, asociada á idade, das redes neurais relevante e irrelevante para a tarefa, que se caracterizou por un déficit na inhibición da rede irrelevante para a tarefa, asociado co deterioro da execución condutual.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







