RT Dissertation/Thesis T1 Cambios relacionados coa idade na actividade eléctrica cerebral diante dunha tarefa de memoria de traballo viso-espacial A1 Pinal Fernández, Diego A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía. Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía. Programa de doutoramento en Neurociwencia, K1 Memoria de traballo K1 avellentamento K1 EEG K1 carga en memoria K1 duración do mantemento AB O declive das capacidades cognitivas asociado á idade afecta principalmente á memoria de traballo viso-espacial, polo que afondar no coñecemento sobre os seus aspectos básicos e a súa evolución ó longo da vida é esencial para xerar intervencións que propicien melloras na calidade de vida dos maiores. Consecuentemente, nesta tese de doutoramento analizouse o sinal electroencefalográfico durante a codificación, mantemento e recuperación da información en memoria de traballo viso-espacial. Deste xeito, estudouse tanto a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral, e a súa modulación por manipulacións da carga en memoria e da duración do mantemento; como o impacto do avellentamento en dita actividade. Os resultados amosaron que a estrutura temporal da actividade eléctrica cerebral durante a codificación e recuperación é semellante, abranguendo dende procesos perceptivos ata procesos post-categorización do estímulo. Manipulacións da carga en memoria modularon a asignación de recursos de procesamento para procesos de avaliación e categorización dos estímulos, así como para procesos postcategorización. En tanto que as manipulacións da duración do mantemento, modularon os recursos de procesamento recrutados por procesos perceptivos e de avaliación estimular durante a recuperación. Pola súa parte, o mantemento de información caracterizouse por un aumento da inhibición en áreas cerebrais irrelevantes para a tarefa, concorrente cunha redución dependente da carga na inhibición en áreas relevantes. En canto ó avellentamento, existe unha diminución da velocidade en diferentes aspectos da avaliación estimular durante a codificación e a recuperación. Tamén se observou maior dependencia do recrutamento dos recursos de procesamento frontais en relación ós parietais nos maiores. Amais, durante o mantemento de información apreciouse unha ineficiente coordinación, asociada á idade, das redes neurais relevante e irrelevante para a tarefa, que se caracterizou por un déficit na inhibición da rede irrelevante para a tarefa, asociado co deterioro da execución condutual. YR 2015 FD 2015-05-08 LK http://hdl.handle.net/10347/13316 UL http://hdl.handle.net/10347/13316 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026