A comunicación institucional nos concellos galegos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese, titulada A comunicación institucional nos concellos galegos, enúnciase sobre as premisas de ciencia novel e de actividade práctica, que requiren concretarse desde o piar da profesionalización.
Con esta investigación pretendemos describir a xénese, o desenvolvemento e a situación actual da comunicación institucional local en Galicia. O desiderátum contempla a configuración dun marco teórico, no que, desde un punto de partida histórico, achegámonos ao concepto de información de fonte, ás súas definicións, características e funcións.
O plano doutrinal é a base para realizar unha exploración científica, que se centra no labor desempeñado polos gabinetes de comunicación das entidades públicas locais galegas, a través dos seus titulares. Deste xeito, queremos poñer de manifesto o significado e o valor da actividade de comunicación de fonte como área funcional profesionalizada.
Con esta finalidade, realizamos un traballo de campo, que ten como eixe unha enquisa. A sondaxe desenvolveuse a través dun cuestionario testado nos 315 concellos de Galicia, co que se observou de forma directa a xestión comunicativa no conxunto das institucións locais galegas, obxectivando realidades e problemáticas.
Finalmente, expoñemos unha proposta comunicativa municipal galega, que recolle e descompón a acción comunicativa das fontes locais, esquematizando un proxecto estratéxico. O obxectivo é sistematizar un modelo comunicativo institucional local, desde unha dobre perspectiva: teórica e práctica.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl



