RT Dissertation/Thesis T1 A comunicación institucional nos concellos galegos A1 Vila Núñez, María Luísa K1 Comunicación institucional K1 Planificación da comunicación a través dos gabinetes K1 Enquisa nos 315 concellos de Galicia K1 Xestión comunicativa nas fontes institucionais locais galegas K1 Proposta comunicativa estratéxica AB Esta tese, titulada A comunicación institucional nos concellos galegos, enúnciase sobre as premisas de ciencia novel e de actividade práctica, que requiren concretarse desde o piar da profesionalización.Con esta investigación pretendemos describir a xénese, o desenvolvemento e a situación actual da comunicación institucional local en Galicia. O desiderátum contempla a configuración dun marco teórico, no que, desde un punto de partida histórico, achegámonos ao concepto de información de fonte, ás súas definicións, características e funcións.O plano doutrinal é a base para realizar unha exploración científica, que se centra no labor desempeñado polos gabinetes de comunicación das entidades públicas locais galegas, a través dos seus titulares. Deste xeito, queremos poñer de manifesto o significado e o valor da actividade de comunicación de fonte como área funcional profesionalizada.Con esta finalidade, realizamos un traballo de campo, que ten como eixe unha enquisa. A sondaxe desenvolveuse a través dun cuestionario testado nos 315 concellos de Galicia, co que se observou de forma directa a xestión comunicativa no conxunto das institucións locais galegas, obxectivando realidades e problemáticas.Finalmente, expoñemos unha proposta comunicativa municipal galega, que recolle e descompón a acción comunicativa das fontes locais, esquematizando un proxecto estratéxico. O obxectivo é sistematizar un modelo comunicativo institucional local, desde unha dobre perspectiva: teórica e práctica. YR 2012 FD 2012-09-24 LK http://hdl.handle.net/10347/6114 UL http://hdl.handle.net/10347/6114 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026