Transformación xenética de plantas
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fisioloxía Vexetal | |
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Bioloxía | |
| dc.contributor.author | Torre Noya, Francisco Luís de la | |
| dc.contributor.author | Segura Iglesias, Antonio Luis | |
| dc.date.accessioned | 2014-03-20T09:01:57Z | |
| dc.date.available | 2014-03-20T09:01:57Z | |
| dc.date.issued | 2012 | |
| dc.description | Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Biotecnoloxía Vexetal | gl |
| dc.description.abstract | A presente unidade didáctica forma parte da Biotecnoloxía Vexetal, que trata da modificación dos vexetais de cara ao seu aproveitamento. É unha materia ordinaria do grao (RD 1393/2007),que necesita un alto nivel de comprensión de materias anteriores, como Bioquímica I e II e Xenética I e II de segundo curso, as Fisioloxías Vexetais I e II de terceiro curso, e moi especialmente a Bioloxía Molecular, obrigatoria do primeiro semestre de cuarto curso. Durante séculos, dende o inicio da agricultura, a humanidade fixo un gran esforzo no desenvolvemento de métodos que permitiron mellorar a calidade e a produción dos cultivos, tales como a hibridación e os cruzamentos selectivos. Se noutras áreas falamos de interese, no caso da biotecnoloxía vexetal debemos falar de necesidade, pois o sustento fundamental da alimentación sempre foi, e probablemente continúe a ser, a produción dos cultivos de plantas de interese comercial. Segundo todas as estimacións, a poboación humana medrará de forma significativa nas próximas décadas, mentres que a produción de alimentos de orixe vexetal se atopa nunha situación na que non cabe esperar achegas de novo solo ou melloras na produtividade por métodos tradicionais. Nese contexto, a transformación xenética aparece como unha ferramenta que se desenvolve para conseguir a suficiencia alimentaria da humanidade nun futuro próximo e para mellorar a produtividade económica e ambiental do sector agrícola. En contraste coa mellora xenética tradicional, que se basea no cruzamento de centos ou miles de xenes, a Biotecnoloxía Vexetal permite a transferencia dun ou duns poucos xenes desexables. Esta tecnoloxía máis precisa proporciona aos melloradores vexetais as ferramentas para obter plantas de cultivo con carácteres desexables dunha forma mais rápida e controlada. Hai, de calquera xeito, grandes retos que se deben asumir nos próximos anos, como a percepción social da transxénese, ou as dificultades e peculiaridades asociadas ás técnicas do cultivo in vitro e á enxeñaría xenética en plantas. Ademais da formación científica, esta materia permitirá ao alumnado ter unha capacidade crítica e fundamentada para valorar a presenza continua de novas asociadas á problemática da transformación xenética de cultivos empregados como alimento. De calquera xeito, a transformación xenética de plantas, entendida como o proceso que permite o estudo funcional dos xenes e a mellora molecular das plantas, presenta un notable interese para a formación de alumnos de Bioloxía e moi en particular para os futuros biotecnólogos vexetais. | gl |
| dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística | gl |
| dc.identifier.isbn | 978-84-9887-904-9 | |
| dc.identifier.other | D.L.: C. 1123-2012 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/10027 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Biotecnoloxía Vexetal ; 3 | |
| dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) | gl |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Enxeñaría xenética vexetal | gl |
| dc.subject | Ingeniería genética vegetal | gl |
| dc.subject | Agrobacterium tumefaciens | gl |
| dc.subject | Agrobacterium rhizogenes | gl |
| dc.subject | Biobalística | gl |
| dc.subject | Transformación xenética de plantas | gl |
| dc.subject | Transformación genética de plantas | gl |
| dc.subject | Alteración xenética de plantas | gl |
| dc.subject | Alteración genética de plantas | gl |
| dc.subject | Microinxección | gl |
| dc.subject | Microinyección | gl |
| dc.subject | Electroporación | gl |
| dc.subject | Arabidopsis thaliana | gl |
| dc.subject | Fritillaria assyriaca | gl |
| dc.subject | Biotecnoloxía Vexetal | |
| dc.subject | Grao en Bioloxía | |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2417 Biología vegetal (botánica)::241714 Genética vegetal | gl |
| dc.title | Transformación xenética de plantas | gl |
| dc.type | book | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | f4ba4cd0-f7c4-448d-ba8e-7289c44e1af4 | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | f4ba4cd0-f7c4-448d-ba8e-7289c44e1af4 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- FranciscoLuis_DelaTorre_Noya_e_Antonio_Segura_Iglesias_UD3-AC.pdf
- Size:
- 1.08 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format