Specula Populi Romani?

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Neste sexto volume da colección Philtáte, continuamos profundando na investigación que iniciamos no noso anterior proxecto e mantemos no actual. Partindo da expresiva frase aut oppressi serviunt aut recepti beneficio se obligatos putant, que Cicerón recolle nas Catilinarias (4.22), pretendemos mostrar dúas formas ben diferentes utilizadas por Roma na conformación do seu imperio. Por unha banda, no volume anterior analizamos aquelas que implicaban o uso da forza, por outra, neste veremos a aplicación de diversos xeitos non violentos que permitiron a integración dos indíxenas. Son moitos e moi diversos, así que aquí deterémonos nun dos que consideramos máis relevantes. Analizaremos un elemento estrutural do Estado romano, a cidade, que foi obxecto, como tantos outros, dos debates e revisións que se produciron con intensidade desde finais do s. xx e principios do xxi. Das matizacións ou reinterpretacións das fontes arqueolóxicas deuse un paso máis ao cuestionar a función da cidade romana. Redimensionouse a súa importancia como impulsora do cambio ou creadora de novas identidades. En suma, discutiuse a validez da súa cualificación como specula Populi Romani, espellos do pobo romano, tal como definía Cicerón á colonia de Narbona (Pro Fonteio 13). Retomamos, polo tanto, este debate sobre o papel que as cidades tiveron neses cambios. Analizaremos tanto o caso das privilexiadas, as colonias, como outras creacións de Roma que carecen dese estatuto como son LucusAugusti ou BracaraAugusta, veremos a transformación das comunidades indíxenas impulsada desde o poder ou das que «voluntariamente» cambian. Interésanos non só o urbanismo, senón ver como funcionaron historicamente, o cal permítenos partir dunha visión multidisciplinar, como é habitual nas nosas publicacións, de modo que dispoñemos da achega de historiadores, arqueólogos, epigrafistas ou lingüistas. Con eles analizamos os cambios onomásticos, o desenvolvemento urbano, a creación de novas formas de administración e de goberno, a construción de panteóns cívicos, as distintas formas sociais e o papel das elites, entre outros. Cinguíndonos, como é habitual, ao ámbito do occidente do imperio, pretendemos achegar novas reflexións a debates para os que aínda non temos unha resposta amplamente aceptada.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Dopico Caínzos, M. D., & Villanueva Acuña, M. (2024). Specula Populi Romani? «Revisitando» o papel da cidade. Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Este volume foi realizado e, en parte financiado, dentro do Proxecto de Excelencia de I + D + i do Ministerio de Ciencia e Innovación «Aut oppressi serviunt II: las formas no coercitivas de transformación indígena (s. IV a. C.-s. I d. C.)» (PID2020-117370GB-100).

Rights

© M.a Dolores Dopico Caínzos M. Villanueva Acuña (eds.) © desta edición: Deputación de Lugo © dos textos: os seus autores

Collections