RT Book,_Whole T1 Specula Populi Romani? T2 «Revisitando» o papel da cidade A1 Bandelli, Gino A1 Chiabà, Monica A1 Ventura Villanueva, Ángel A1 Agusta-Boularot, Sandrine A1 Andringa, William van A1 Folgueira Ríos, Francisco A1 Santos Yanguas, Juan A1 Martins, Manuela A1 Magalhaes, Fernanda A1 Cruz, Gonçalo A1 Villa Valdés, Ángel A1 Orejas Saco del Valle, Almudena A1 Olesti Villa, Oriol A1 Murgia, Emanuela A1 Martínez Caballero, Santiago A1 Salinas de Frías, Manuel A1 Ruiz-Gutiérrez, Alicia A1 Iglesias Gil, José Manuel A1 Vallejo Ruiz, José María A2 Dopico Caínzos, María Dolores A2 Villanueva Acuña, Manuel AB Neste sexto volume da colección Philtáte, continuamos profundando na investigación que iniciamos no noso anterior proxecto e mantemos no actual. Partindo da expresiva frase aut oppressi serviunt aut recepti beneficio se obligatos putant, que Cicerón recolle nas Catilinarias (4.22), pretendemos mostrar dúas formas ben diferentes utilizadas por Roma na conformación do seu imperio. Por unha banda, no volume anterior analizamos aquelas que implicaban o uso da forza, por outra, neste veremos a aplicación de diversos xeitos non violentos que permitiron a integración dos indíxenas. Son moitos e moi diversos, así que aquí deterémonos nun dos que consideramos máis relevantes. Analizaremos un elemento estrutural do Estado romano, a cidade, que foi obxecto, como tantos outros, dos debates e revisións que se produciron con intensidade desde finais do s. xx e principios do xxi. Das matizacións ou reinterpretacións das fontes arqueolóxicas deuse un paso máis ao cuestionar a función da cidade romana. Redimensionouse a súa importancia como impulsora do cambio ou creadora de novas identidades. En suma, discutiuse a validez da súa cualificación como specula Populi Romani, espellos do pobo romano, tal como definía Cicerón á colonia de Narbona (Pro Fonteio 13). Retomamos, polo tanto, este debate sobre o papel que as cidades tiveron neses cambios. Analizaremos tanto o caso das privilexiadas, as colonias, como outras creacións de Roma que carecen dese estatuto como son LucusAugusti ou BracaraAugusta, veremos a transformación das comunidades indíxenas impulsada desde o poder ou das que «voluntariamente» cambian. Interésanos non só o urbanismo, senón ver como funcionaron historicamente, o cal permítenos partir dunha visión multidisciplinar, como é habitual nas nosas publicacións, de modo que dispoñemos da achega de historiadores, arqueólogos, epigrafistas ou lingüistas. Con eles analizamos os cambios onomásticos, o desenvolvemento urbano, a creación de novas formas de administración e de goberno, a construción de panteóns cívicos, as distintas formas sociais e o papel das elites, entre outros. Cinguíndonos, como é habitual, ao ámbito do occidente do imperio, pretendemos achegar novas reflexións a debates para os que aínda non temos unha resposta amplamente aceptada. PB Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo SN 978-84-8192-602-6 YR 2024 FD 2024 LK http://hdl.handle.net/10347/34890 UL http://hdl.handle.net/10347/34890 LA mul NO Dopico Caínzos, M. D., & Villanueva Acuña, M. (2024). Specula Populi Romani? «Revisitando» o papel da cidade. Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. NO Este volume foi realizado e, en parte financiado, dentro do Proxecto de Excelencia de I + D + i do Ministeriode Ciencia e Innovación «Aut oppressi serviunt II: las formas no coercitivas de transformación indígena (s. IV a. C.-s. I d. C.)» (PID2020-117370GB-100). DS Minerva RD 28 abr 2026