Os hábitats de interese comunitario en Galicia: descrición e valoración territorial
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
IBADER (Universidade de Santiago de Compostela-Lugo)
Abstract
No procedemento de configuración e implementación da Rede Natura 2000, a información ambiental, referida aos tipos de hábitats e especies incluídas nos anexos da DC 92/43/CEE, convértese nun elemento esencial no deseño, xestión e seguimento das áreas protexidas e da propia rede. Non obstante, en moitas áreas xeográficas, a información existente é escasa, ou presenta deficiencias en canto á xeorreferenciación dos seus compoñentes. Esta situación vese agravada no caso dos hábitats, cando se trata de protexer elementos que ata o momento tiveran un escaso interese entre as políticas nacionais de conservación, ou mesmo de hábitats cuxa análise e distribución non foran obxecto de estudios científicos en grandes áreas territoriais.
O presente traballo formulouse co obxectivo, de efectuar unha primeira avaliación da diversidade dos tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE presentes en Galicia, contextualizándoo con outras áreas da Península Ibérica e da propia Unión Europea.
Adicado ao ilustre botánico Baltasar Merino y Román (1845,1917), no centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909).
Description
Keywords
Bibliographic citation
Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., De Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. e Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de interese comunitario en Galicia: descrición e valoración territorial. IBADER. https://www.ibader.gal/download.php?f=habitats_interese_comunitario_galicia_valoracion-73.pdf
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Nesta obra colaboran as seguintes entidades: USC, Consellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.
A información aquí contida é froito do desenvolvemento de diversos proxectos de investigación elaborados nos últimos nove anos polo GI-1934 TTB: Caracterización e seguimento dos hábitats e plantas de importancia comunitaria no extremo setentrional de Galicia (Plan Galego de I+D. Xunta de Galicia. 2001-2004); Valoración de turbeiras e queirogais húmidos dentro da rede de espazos naturais de Galicia (Plan Nacional de I+D+I. Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. 2002-2005); Our Common European Cultural Landscape Heritage (Unión Europea 2004-2007), Avaliación do estado de conservación dos hábitats nos Lugares de Interese Comunitario do espazo litoralsublitoral das provincias de A Coruña e Lugo (Plan Galego de I+D. Xunta de Galicia. 2001-2004), así como de diversos convenios de colaboración efectuados coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International