Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes
repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non
comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo
que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios
factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos
relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan
a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor
crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais
(nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica.
Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor
crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada
entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados.
Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor
crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel
socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e
localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que
incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







