RT Dissertation/Thesis T1 Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes A1 Prego Domínguez, Jesús K1 dor crónica K1 nivel económico K1 metaanálise K1 estudo de cohortes AB A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantesrepercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Noncomezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, poloque o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, variosfactores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornosrelacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levana que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dorcrónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais(nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica.Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dorcrónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciadaentre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados.Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dorcrónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivelsocioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica elocalizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, queincorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27056 UL http://hdl.handle.net/10347/27056 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026