Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes

dc.contributor.advisorTakkouche, Bahi
dc.contributor.advisorOrsini, Nicola
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
dc.contributor.authorPrego Domínguez, Jesús
dc.date.accessioned2021-11-02T11:32:42Z
dc.date.available2021-11-02T11:32:42Z
dc.date.issued2021
dc.description.abstractA dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais (nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica. Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados. Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico.gl
dc.description.programaUniversidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/27056
dc.language.isoglggl
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectdor crónicagl
dc.subjectnivel económicogl
dc.subjectmetaanálisegl
dc.subjectestudo de cohortesgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3212 Salud públicagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3202 Epidemologiagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3210 Medicina preventivagl
dc.titleFactores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortesgl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication40af4d87-30ed-49b7-b0f8-1cbbda71e01e
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery40af4d87-30ed-49b7-b0f8-1cbbda71e01e

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_2487.pdf
Size:
31.62 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: