Estudo comparado da narrativa infantil e xuvenil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese de doutoramento inscríbese nas liñas de investigación da Rede
Temática “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano/As
Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI/LIXMI) e
aborda, dende unha perspectiva comparatista, o estudo da ficción científica nos
polisistemas portugués e galego. Con este traballo téntase responder á necesidade de ir
cubrindo baleiros e liñas deficitarias no estudo da Literatura Infantil e Xuvenil. É por
iso que o corpus central desta tese está constituído polos textos de potencial recepción
infantil e xuvenil, aínda que tamén se atende de modo máis sucinto a produción dirixida
ao público adulto, por considerarmos significativa a comparación entre ambos sistemas.
Os presupostos teóricos que serven de base a este traballo son os que se ofrecen,
fundamentalmente, dende a literatura comparada ou o estudo comparativo da literatura e
a teoría dos polisistemas, por usaren metodoloxías que teñen en conta o complexo
sistema de relacións que se estabelecen na literatura, concibida como un fenómeno
semiótico máis. Tamén se considerou acaído para esta investigación a adopción dunha
perspectiva conceptual ampla da literatura pola consideración durante moito tempo da
ficción científica como unha produción marxinal e ignorada polos estudos académicos,
que progresivamente foi adquirindo un maior respecto e recoñecemento e mesmo
exerceu unha notábel influencia sobre a literatura posmoderna.
É por iso que os obxectivos que se marcaron neste traballo tentan responder á
necesidade de determinar os produtos que responden ás características que definen a
ficción científica en lingua portuguesa e galega, é dicir, identificar tanto a produción
orixinal en cada unha destas linguas coma a traducida e tanto a dirixida ao público
adulto coma ao infantil e xuvenil. Tamén se estabelece, dende o punto de vista
diacrónico, cómo se configurou a narrativa de ficción científica nos polisistemas
portugués e galego e se marcan as principais etapas de desenvolvemento desta
produción. Finalmente identifícanse e descríbense as principais correntes temáticas e
formais que se deron en cada período en ambos os dous polisistemas, observando as
influencias que se perciben, as temáticas máis recorrentes e a súa adaptación ao
contexto portugués e galego. Deste modo, ofrécese unha tipoloxía que favorece a
sistematización das principais tendencias que se observan nunha produción
caracterizada pola heteroxeneidade e a estreita vinculación co devir histórico da
sociedade na que se produce e á que se dirixe.
A ficción científica dirixida ao lectorado infantil e xuvenil é obxecto dunha
especial atención, dado que se analiza pormenorizadamente para ver cómo se
introduciron nesta produción os trazos propios da modalidade xenérica na que se
inscribe, que relación manteñen co fantástico en xeral e co mítico e máxico en
particular, como se levou a cabo a súa adecuación ao lectorado agardado, así como a
incidencia nesta produción dos factores e axentes involucrados no sistema literario,
como as institucións, a mediación e tamén a recepción e o mercado, que serven de
elementos de comparación entre ambos sistemas a estudar. Asemade, tamén se atende á
evolución da tradución e o seu funcionamento como elemento repertorial dentro da
Literatura Infantil e Xuvenil, para ver se cubriu baleiros ou marcou vías transitadas
posteriormente polos produtores de cada un dos sistemas obxecto de estudo, tendo en
conta o proceso histórico e o momento no que xurdiron os transvases en cada un deles.
A consideración de todos e cada un destes elementos propiciará a determinación das
analoxías e diferenzas máis significativas entre a Literatura Infantil e Xuvenil de ficción
científica portuguesa e galega.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl






