RT Dissertation/Thesis T1 Estudo comparado da narrativa infantil e xuvenil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa A1 Mociño González, Isabel AB Esta tese de doutoramento inscríbese nas liñas de investigación da RedeTemática “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano/AsLiteraturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI/LIXMI) eaborda, dende unha perspectiva comparatista, o estudo da ficción científica nospolisistemas portugués e galego. Con este traballo téntase responder á necesidade de ircubrindo baleiros e liñas deficitarias no estudo da Literatura Infantil e Xuvenil. É poriso que o corpus central desta tese está constituído polos textos de potencial recepcióninfantil e xuvenil, aínda que tamén se atende de modo máis sucinto a produción dirixidaao público adulto, por considerarmos significativa a comparación entre ambos sistemas.Os presupostos teóricos que serven de base a este traballo son os que se ofrecen,fundamentalmente, dende a literatura comparada ou o estudo comparativo da literatura ea teoría dos polisistemas, por usaren metodoloxías que teñen en conta o complexosistema de relacións que se estabelecen na literatura, concibida como un fenómenosemiótico máis. Tamén se considerou acaído para esta investigación a adopción dunhaperspectiva conceptual ampla da literatura pola consideración durante moito tempo daficción científica como unha produción marxinal e ignorada polos estudos académicos,que progresivamente foi adquirindo un maior respecto e recoñecemento e mesmoexerceu unha notábel influencia sobre a literatura posmoderna.É por iso que os obxectivos que se marcaron neste traballo tentan responder ánecesidade de determinar os produtos que responden ás características que definen aficción científica en lingua portuguesa e galega, é dicir, identificar tanto a produciónorixinal en cada unha destas linguas coma a traducida e tanto a dirixida ao públicoadulto coma ao infantil e xuvenil. Tamén se estabelece, dende o punto de vistadiacrónico, cómo se configurou a narrativa de ficción científica nos polisistemasportugués e galego e se marcan as principais etapas de desenvolvemento destaprodución. Finalmente identifícanse e descríbense as principais correntes temáticas eformais que se deron en cada período en ambos os dous polisistemas, observando asinfluencias que se perciben, as temáticas máis recorrentes e a súa adaptación aocontexto portugués e galego. Deste modo, ofrécese unha tipoloxía que favorece asistematización das principais tendencias que se observan nunha producióncaracterizada pola heteroxeneidade e a estreita vinculación co devir histórico dasociedade na que se produce e á que se dirixe.A ficción científica dirixida ao lectorado infantil e xuvenil é obxecto dunhaespecial atención, dado que se analiza pormenorizadamente para ver cómo seintroduciron nesta produción os trazos propios da modalidade xenérica na que seinscribe, que relación manteñen co fantástico en xeral e co mítico e máxico enparticular, como se levou a cabo a súa adecuación ao lectorado agardado, así como aincidencia nesta produción dos factores e axentes involucrados no sistema literario,como as institucións, a mediación e tamén a recepción e o mercado, que serven deelementos de comparación entre ambos sistemas a estudar. Asemade, tamén se atende áevolución da tradución e o seu funcionamento como elemento repertorial dentro daLiteratura Infantil e Xuvenil, para ver se cubriu baleiros ou marcou vías transitadasposteriormente polos produtores de cada un dos sistemas obxecto de estudo, tendo enconta o proceso histórico e o momento no que xurdiron os transvases en cada un deles.A consideración de todos e cada un destes elementos propiciará a determinación dasanaloxías e diferenzas máis significativas entre a Literatura Infantil e Xuvenil de ficcióncientífica portuguesa e galega. SN 978-84-9887-771-7 YR 2012 FD 2012-02-02 LK http://hdl.handle.net/10347/3622 UL http://hdl.handle.net/10347/3622 LA glg DS Minerva RD 25 abr 2026