A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo
| dc.contributor.author | Barba Núñez, María | |
| dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.536814366653518; north=42.871259472679; name=Galicia | |
| dc.date.accessioned | 2016-03-21T11:13:02Z | |
| dc.date.available | 2016-03-21T11:13:02Z | |
| dc.date.issued | 2016-03-21 | |
| dc.description.abstract | A educación ambiental (EA) está a vivir un proceso sistemático de desmantelamento xustificado de modo recorrente nos determinantes e consecuencias da crise económica. Fronte a esta dubidosa argumentación, este traballo explora a xénese e traxectoria da EA en Galicia, co obxecto de desvelar as loitas de poder que condicionaron a súa evolución e determinan o estado actual. Empréganse as teorías sociolóxicas de Bourdieu como marco para realizar unha representación da súa traxectoria como campo social e simbólico estruturado, identificando os conflitos e enfrontamentos que o constituíron e o constitúen. Metodoloxicamente, a investigación responde a un enfoque sociobiográfico mixto, baseado nas traxectorias de vida de 9 educadoras/es ambientais, con posicións heteroxéneas na estrutura do campo (idade, xénero, formación e perfil profesional). Os relatos son apoiados cos datos cuantitativos recollidos a través dunha enquisa realizada a unha mostra de 114 educadoras/es ambientais de Galicia, na que se exploran as súas condicións sociolaborais, nunha comparativa entre 2007 e 2013. Emprégase a técnica de grupos de discusión para contrastar cos/as participantes as interpretacións iniciais do estudo. A investigación reflicte o proceso de profesionalización que experimentou o campo nas últimas décadas, favorecido pola implicación das/os seus integrantes e polo paulatino recoñecemento por parte das administracións públicas. Esta tendencia trúncase co inicio da crise financeira, levando a unha forte destrución de actividade e emprego no sector. Identifícanse tamén na relación coas administracións certas dinámicas daniñas que se traducen na reorientación das prácticas e discursos en función da dependencia económica, e no esvaecemento da súa dimensión militante. Esta situación vese favorecida pola posición marxinal da EA no espazo social (carácter contrahexemónico) e nos espazos académicos e profesionais nos que se inscribe; polas loitas internas de carácter corporativista; e pola escasa autonomía do campo que o fai en exceso permeable a aspiracións e lóxicas de funcionamento alleas. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/13990 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.subject | educación ambiental | gl |
| dc.subject | Bourdieu | gl |
| dc.subject | historias de vida | gl |
| dc.subject | ocupación profesional | gl |
| dc.subject | políticas sociais | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativas | gl |
| dc.title | A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo | gl |
| dc.type | doctoral thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1