A educación ambiental en Galicia. Análise sociobiográfica da súa construción como campo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
A educación ambiental (EA) está a vivir un proceso sistemático de desmantelamento xustificado de modo recorrente nos determinantes e consecuencias da crise económica. Fronte a esta dubidosa argumentación, este traballo explora a xénese e traxectoria da EA en Galicia, co obxecto de desvelar as loitas de poder que condicionaron a súa evolución e determinan o estado actual. Empréganse as teorías sociolóxicas de Bourdieu como marco para realizar unha representación da súa traxectoria como campo social e simbólico estruturado, identificando os conflitos e enfrontamentos que o constituíron e o constitúen. Metodoloxicamente, a investigación responde a un enfoque sociobiográfico mixto, baseado nas traxectorias de vida de 9 educadoras/es ambientais, con posicións heteroxéneas na estrutura do campo (idade, xénero, formación e perfil profesional). Os relatos son apoiados cos datos cuantitativos recollidos a través dunha enquisa realizada a unha mostra de 114 educadoras/es ambientais de Galicia, na que se exploran as súas condicións sociolaborais, nunha comparativa entre 2007 e 2013. Emprégase a técnica de grupos de discusión para contrastar cos/as participantes as interpretacións iniciais do estudo. A investigación reflicte o proceso de profesionalización que experimentou o campo nas últimas décadas, favorecido pola implicación das/os seus integrantes e polo paulatino recoñecemento por parte das administracións públicas. Esta tendencia trúncase co inicio da crise financeira, levando a unha forte destrución de actividade e emprego no sector. Identifícanse tamén na relación coas administracións certas dinámicas daniñas que se traducen na reorientación das prácticas e discursos en función da dependencia económica, e no esvaecemento da súa dimensión militante. Esta situación vese favorecida pola posición marxinal da EA no espazo social (carácter contrahexemónico) e nos espazos académicos e profesionais nos que se inscribe; polas loitas internas de carácter corporativista; e pola escasa autonomía do campo que o fai en exceso permeable a aspiracións e lóxicas de funcionamento alleas.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl



