RT Journal Article T1 Unha homenaxe debida A1 Axeitos, Xosé Luís A1 Grandío Seoane, Emilio A1 Villares, Ramón, 1951- K1 Xosé Ramón Barreiro Fernández K1 Jubilatio K1 Homenaxe AB Por máis que as razóns sexan puramente administrativas, o tránsito cara á situaciónda jubilatio dun profesor universitario aconsella facer un alto no camiño econvocar a colegas e discípulos a unha celebración algo especial. Non se trata depalabras e músicas que leve o vento, nin de fastos propios de «paraninfos», senónde traballos e investigacións, cuxos contidos han de ficar para o porvir. Estafoi a idea que nos moveu, a persoas e institucións das que de contado se falará,para elaborar este libro-homenaxe ao profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández.A iniciativa foi ben doada, pola disposición que todos os participantes amosaronpara contribuíren ao que se lles demandaba. E os resultados á vista están, nestesdous volumes que serán por tempo punto de referencia para a historia da culturagalega, nomeadamente da súa época máis recente.A idea de facer este libro partiu en primeira instancia do Departamentode Historia Contemporánea e de América, daquela dirixido pola profesora MaríaXesús Baz Vicente, quen puxo todo o seu empeño persoal para que esta iniciativafose partillada pola propia Universidade de Santiago de Compostela e por outrasinstitucións. Por esta razón se sumaron á preparación e edición desta obra, instituciónsnas que o profesor Barreiro tivo e segue a ter especial presenza, como sono Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-000-8 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/13648 UL http://hdl.handle.net/10347/13648 LA glg NO AXEITOS, X.L.; GRANDÍO SEOANE, E.; VILLARES, R.: «Unha homenaxe debida». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 13-18. DS Minerva RD 23 abr 2026