Cinética formal

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-985-8

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A materia Cinética Química do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso da titulación, polo que os alumnos xa dispón de coñecementos básicos de Química, Física e Matemáticas que son de gran utilidade para cursar esta materia. Esta materia aborda os sistemas en cambio debido a reaccións químicas, polo que é complementaria da materia Termodinámica Aplicada impartida no primeiro cuadrimestre do mesmo curso, que estuda o comportamento fisicoquímico dos sistemas en equilibrio. A materia encádrase no módulo 4 do plan de estudos da titulación, denominado Materias específicas de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, e relaciónase con varias materias obrigatorias do módulo 3 (Tecnoloxía específica - Química Industrial) e en especial con Enxeñaría da Reacción Química, na que se aplican os conceptos de Cinética Química ás reaccións a nivel industrial. Esta unidade didáctica é de gran importancia na materia xa que nela sentan as bases da Cinética Química. Nesta unidade estúdanse os conceptos básicos relacionados coa velocidade das reaccións químicas, analízanse as reaccións máis sinxelas e revísanse os diferentes métodos experimentais utilizados no estudo cinético dunha reacción química. Esta unidade didáctica desenvolverase en 8 sesións presenciais de 50 minutos cada unha. Delas, 6 sesións dedicaranse a clases teóricoprácticas nas que se discuten os contidos e resólvense exercicios e problemas relacionados, e as 2 sesións restantes utilizaranse para a realización da actividade complementaria proposta. O alumno deberá dedicar unhas 18 horas adicionais de traballo persoal, fundamentalmente para a realización de exercicios e problemas e a aplicación nalgúns deles dos métodos de análise dados na actividade complementaria.

Description

Titulación: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Cinética Química

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)