O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal
a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que
sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de
escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda,
Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa
poesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo.
A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan a
súa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e a
ancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu
"cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códices
que transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








