RT Dissertation/Thesis T1 O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo A1 Santiago Gómez, Carmen de K1 Lírica galego-portuguesa K1 crítica textual K1 Johan Soarez Somesso K1 trobador AB A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principala edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios quesustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e oCancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga deescarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda,Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súapoesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo.A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan asúa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e aancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu"cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códicesque transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/28321 UL http://hdl.handle.net/10347/28321 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026