Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-939661-2-6

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Horreum
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A obra achega unha interesante visión sobre a valoración da paisaxe galega. Na actualidade contamos con numerosas propostas metodolóxicas formuladas dende o ámbito da ecoloxía, da xeografía ou da arquitectura, así como propostas integradas, para a valoración da paisaxe. Derivado das mesmas, dispoñemos de diversos termos para designaren aos escenarios de boa calidade paisaxística, así como aos de escaso interese visual. Entre estes, foi cobrando cada vez máis importancia o termo “feísmo”, potenciado fundamentalmente polas hemerotecas e redes sociais. Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de "excepcional" ou "cotián". A percepción resulta aquí o elemento clave, non exento de subxectividade, pero tamén non exento de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía. Da análise da paisaxe galega, dos seus principais compoñentes, e da percepción social que se recolle, os autores elaboran unha novidosa tipoloxía para a caracterización e diferenciación das distintas manifestacións do feísmo na paisaxe de Galicia. O documento adopta un aire de guía de campo, buscando afastarse do deslustrado tecnicismo que impera nos documentos oficiais, para debullar coa descrición dun conxunto de 34 tipos de feísmo o estado en que se atopa a paisaxe de Galicia. Cada un dos tipos establecidos resúmense de forma breve, acompañados de varias fotografías ilustrativas. O esquema obtido considérase como un modelo aberto e adaptable debido á continua transformación antrópica que sofre a paisaxe

Description

Bibliographic citation

Ramil-Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2015). Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega. Lugo: Horreum. ISBN 978-84-939661-2-6

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Horreum en colaboración co GI-1934-TB (IBADER) e co Observatorio Galego do Territorio

Rights

© HORREUM
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International