A utilización do modelo espartano na educación nazi
Cargando...
Identificadores
Fecha de publicación
Autores
Directores
Tutores
Editores
Título de la revista
ISSN de la revista
Título del volumen
Editorial
Resumen
Para a realización deste TFG, levouse a cabo unha análise das relacións existentes entre o sistema educativo espartano e a educación alemá nun período histórico concreto (1939-1945). O nacionalsocialismo foi difundido e asentado na mente da xuventude, que defendeu ata a súa caída ao Estado nazi e á figura do Führer, mediante a revisión deste modelo clásico.
Esparta caracterizouse por instaurar un sistema educativo-militar marcado pola formación de guerreiros sanguinarios que gañaron guerras decisivas e a converteron nunha das polis máis poderosas. Pola súa parte, Alemaña non podía recorrer a un pasado memorable para se identificar e impoñerse sobre as demais potencias nun contexto de derrota, polo que cobraron unha grande importancia as teorías de superioridade racial que defendían unha descendencia compartida, así como unha ensinanza baseada na exaltación de comportamentos antisemitas, o adoutrinamento militar e a glorificación dos valores do pobo espartano. Este discurso recrutou a moitos rapaces alemáns desencantados trala derrota na Primeira Guerra Mundial, animándoos e preparándoos para formar parte dun novo movemento: o nazismo.
Descripción
Traballo Fin de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Curso 2021-2022
Palabras clave
Cita bibliográfica
Relación
Tiene parte
Otra versión/adaptación
Basado en
Parte de
Referenciado por
Versión de
Requiere
Patrocinadores
Derechos
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International





