RT Generic T1 A utilización do modelo espartano na educación nazi A1 Mosteiro Cagide, Virginia K1 Nacionalsocialismo K1 Nazismo K1 Alemaña K1 Educación K1 Esparta K1 Militarismo K1 Instrución racial K1 Antisemitismo K1 Adoutrinamento AB Para a realización deste TFG, levouse a cabo unha análise das relacións existentes entre o sistema educativo espartano e a educación alemá nun período histórico concreto (1939-1945). O nacionalsocialismo foi difundido e asentado na mente da xuventude, que defendeu ata a súa caída ao Estado nazi e á figura do Führer, mediante a revisión deste modelo clásico. Esparta caracterizouse por instaurar un sistema educativo-militar marcado pola formación de guerreiros sanguinarios que gañaron guerras decisivas e a converteron nunha das polis máis poderosas. Pola súa parte, Alemaña non podía recorrer a un pasado memorable para se identificar e impoñerse sobre as demais potencias nun contexto de derrota, polo que cobraron unha grande importancia as teorías de superioridade racial que defendían unha descendencia compartida, así como unha ensinanza baseada na exaltación de comportamentos antisemitas, o adoutrinamento militar e a glorificación dos valores do pobo espartano. Este discurso recrutou a moitos rapaces alemáns desencantados trala derrota na Primeira Guerra Mundial, animándoos e preparándoos para formar parte dun novo movemento: o nazismo. YR 2022 FD 2022 LK https://hdl.handle.net/10347/39605 UL https://hdl.handle.net/10347/39605 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 17 abr 2026