As razóns da norma : nós e nosoutros, nosoutras
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
Pártese do ditame normativo que establece como estándares nós e nosoutros/-as (na P5 vós e vosoutros/-as), con diferenza de significado, co obxectivo de mostrar a apoiatura da norma. Analízase brevemente
o tratamento destas formas na tradición gramatical galega anterior ás Normas, favorable á escolla entre ambas, sen distinción, e mais o seu uso na lingua
escrita dos séculos XIX e XX. A análise detense, sobre todo, na descrición do seu estatus na lingua falada nas últimas décadas do século XX, tomando como base os datos de campo, o uso espontáneo en gravacións e as opinións dos falantes; desenvólvese en tres liñas fundamentais: a extensión e distribución territorial de nós e de nosoutros/-as, as posibles diferenzas de significado e o asunto da distinción de
xénero. Conclúese sobre a adecuación desta norma aos criterios que guían a elaboración do estándar galego moderno.
Description
Keywords
Gramática dialectal| Variación lingüística| Estándar galego| Norma lingüística| Pronome persoal| Número pronominal| Plural exclusivo| Nosoutros| Alteridade| Dialect grammar| Language variation| Standard Galician| Linguistic norm| Prescriptive rule| Personal pronoum| Number in pronouns| Exclusive plural| Other
Bibliographic citation
Álvarez, Rosario (2010): “As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras”, Estudos de Lingüística Galega 2, 205-220.







