Acompañamento socioeducativo e benestar: libro de resumos. I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social. CIPIES-25 Santiago de Compostela, 8-9/05/2025

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-09-70820-8

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Comité Organizador-USC
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social (CIPIES-25), impulsado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), nace da colaboración entre o colexio profesional, as universidades públicas do Sistema Universitario Galego (Universidade da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo) nas que se imparte o Grao en Educación Social e a Universidade Nacional de Educación a Distancia que tamén conta entre a súa oferta formativa con este título universitario. Esta primeira edición do congreso, celebrado na cidade de Santiago de Compostela os días 8 e 9 de maio de 2025, centrouse no “Acompañamento socioeducativo e benestar”, unha temática fundamental do quefacer científico e profesional da Educación Social, que estuda e pon en marcha accións socioeducativas orientadas a acompañar os procesos de desenvolvemento persoal e de participación comunitaria de toda a cidadanía e, especificamente, de colectivos que por diversas circunstancias foron “expropiados” da súa vida cotiá. Ao longo do evento, o “acompañar” definiuse como forma de resistencia, cambio de perspectiva, interdependencia, aceptación incondicional, militancia política, etc. Tamén, baixo o enfoque do benestar e dos dereitos da cidadanía, reflexionouse acerca da fraxilidade das persoas, os tránsitos descoidados e a necesidade de coordinación interprofesional. Os futuros da Educación Social son diversos, expondo desafíos que nos cuestionan sobre o que facemos en común, sobre o que somos e queremos ser. Nun contexto de auxe dos discursos de odio e de malestar en sociedades cada vez máis fragmentadas, a mirada comunitaria aos acompañamentos, respectando o valor dos territorios e as súas potencialidades para o encontro, presentouse ao longo do evento como un desafío fundamental sobre o que seguir construíndo espazos de debate e reflexión. Os eixos temáticos propostos para o desenvolvemento do congreso foron: benestar, comunidade e calidade de vida; diversidade e interseccionalidade; educacións críticas e transformadoras; corpo, artes e medios audiovisuais, e áreas emerxentes. As sinerxías entre as temáticas resultaron unha constante xerándose mesas de diálogo ao redor de colectivos específicos, contextos de intervención, problemáticas sociais actuais, necesidades socioeducativas, etc., derivando nunha complexidade maior que os eixos inicialmente definidos. Neste sentido, o espazo de presentación de comunicacións e simposios resultou de gran riqueza posibilitando profundar nos debates e experiencias, así como compartir preocupacións e retos. Así mesmo, realizáronse dous talleres, centrados na dinamización dun espazo de Educación Social feminista e na reflexión sobre lecturas de Educación Social. A elevada participación e a presenza activa por parte das persoas asistentes constituíu un gran valor e un revulsivo neste congreso, intenso e rico nos relatorios e mesas de diálogo, pero tamén nos tempos de descanso e convivencia. Queremos reiterar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas participantes que compartiron os seus saberes e experiencias neste I Congreso, mostrando que o campo científico, académico e profesional da Educación Social continúa crecendo e encerrando un gran valor para a mellora das sociedades en que vivimos. Por último, agradecemos ás administracións, institucións e entidades que depositaron a súa confianza no Comité Organizador deste primeiro Congreso. En concreto, queremos agradecer o apoio da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica) e do Ministerio de Juventud e Infancia (INJUVE), así como das Universidades de Santiago de Compostela, Coruña, Vigo e Nacional de Educación a Distancia, xunto aos grupos de investigación dos que formamos parte: SEPA-interea (USC), ECIGAL (UDC), Q+ (UVigo), ForInterMed (UNED). Tamén, é preciso recoñecer o apoio recibido para a realización do evento por parte de Nós Oposicións e o impulso que nos deron sociedades científicas como a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) e a Asociación Colombiana de Pedagoxía Social e Educación Social (ASOCOPESES) na difusión do congreso entre a comunidade académica e profesional.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Varela Crespo, L. (Coord.), Bisquert i Pérez, K. M., Lorenzo Campos, A., Rey Álvarez, Á. Riádigos-Couso, X., & Esparís Pereiro, J. (2025, Octubre 1). Libro de Actas "Acompañamento socioeducativo e benestar". I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social (CIPIES-25), Santiago de Compostela. ISBN: 978-84-09-70820-8

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights