Química orgánica e química macromolecular
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia Química do Grao en Física forma parte con Bioloxía e Informática para
científicos do módulo de Formación básica de contido transversal e, á par destas, ten
unha duración de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo cuadrimestre do primeiro
curso da titulación, polo que os alumnos dispoñen, na mellor das hipóteses, só dos
coñecementos básicos de Química adquiridos no bacharelato (sempre que cursasen
a modalidade “ciencia e tecnoloxía”) o só se enfrontaron a ela na introdución a
Física e a Química en terceiro, e eventualmente en cuarto, de educación superior
obrigatoria. Elixiuse, polo tanto, un desenvolvemento dos contidos desde os temas
máismáis sinxelos e básicos ata os máis prácticos e máis facilmente relacionables coa
vida cotiá.
Despois de estudar na primeira unidade algúns conceptos básicos e
terminolóxicos da química e das propiedades da materia, introdúcense as reaccións
químicas e o concepto de enlace químico (respectivamente nas unidades no. 2 e 3),
para pasar finalmente as últimas catro unidades, que poñen as bases dos alicerces
de la química como son o equilibrio químico, a electroquímica e a química orgánica e
macromolecular.
Esta unidade didáctica dedicada á introdución dos compostos orgánicos e
dos polímeros está deseñada para ser desenvolvida en 7 sesións presenciais de 55
minutos cada unha. Delas, 4 sesións dedicaranse a clases expositivas, nas que se
explican os contidos, 2 sesións utilizaranse para resolver exercicios e problemas e 1
sesión de titorías para aclarar cuestións puntuais. O alumno deberá dedicar unhas
12 horas adicionais de traballo persoal, fundamentalmente para a realización de
exercicios e problemas adicionais
Description
Titulación: Grao en Física -- Materia: Química
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
http://dx.doi.org/10.15304/9788416183401Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2014. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








