Firmes e conservación de vías

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior
dc.contributor.authorCastro Ponte, Alberte
dc.date.accessioned2014-08-26T11:49:04Z
dc.date.available2014-08-26T11:49:04Z
dc.date.issued2011
dc.descriptionTitulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineaisgl
dc.description.abstractEsta unidade didáctica serve de peche ao primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos da enxeñaría do tráfico necesarios para poder abordar o deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, no segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, coordinación entre planta e alzado, e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse as obras de explanacións (UD3). Neste tema trabállanse, entre outros, os conceptos fundamentais relativos a formación e estabilización de explanadas, que terán unha gran importancia na presente unidade didáctica. En segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase con esta unidade didáctica, na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados cos firmes, que constitúen a superestrutura dunha estrada, e a conservación de vías. Na primeira parte, faise unha descrición dos firmes coas súas principais funcións e características, estúdanse as tipoloxías existentes, e móstranse os factores a considerar no seu deseño. A continuación, para rematar, realízase unha breve introdución á conservación de estradas, facendo fincapé na súa importancia. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. O alumnado ten a posibilidade de ampliar os coñecementos de firmes e conservación de vías adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Firmes e Conservación de Vías” que se imparte no 4º curso da titulación. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados nesta unidade didáctica poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación de estradas.gl
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüísticagl
dc.identifier.isbn978-84-9887-558-4
dc.identifier.otherD.L.: C 260-2011
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/11399
dc.language.isoglggl
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científicogl
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Deseño e Construción de Obras Lineais ; 5
dc.rights© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectFirmegl
dc.subjectCimento do firmegl
dc.subjectCimiento del firmegl
dc.subjectExplanadagl
dc.subjectSubbasegl
dc.subjectPavimentogl
dc.subjectBalastrogl
dc.subjectBalastogl
dc.subjectMacádamgl
dc.subjectMacadamgl
dc.subjectRego de adherenciagl
dc.subjectRiego de adherenciagl
dc.subjectMestura bituminosagl
dc.subjectMezcla bituminosagl
dc.subjectDeseño e Construción de Obras Lineais
dc.subjectGrao en Enxeñaría Civil
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3305 Tecnología de la construcción::330529 Construcción de carreterasgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3399 Otras especialidades tecnológicas (especificar)gl
dc.titleFirmes e conservación de víasgl
dc.typebookgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublicationca77e4a6-7bb9-49d3-8229-7bd8dbead9f7
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscoveryca77e4a6-7bb9-49d3-8229-7bd8dbead9f7

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Castro_Ponte_Alberte_UD5-AEA.pdf
Size:
2.12 MB
Format:
Adobe Portable Document Format