As escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de Monterroso

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Ao longo deste traballo facemos un estudo sobre o funcionamento e a organización das escolas penitenciarias españolas, e centrámonos particularmente no caso da escola do Centro Penitenciario de Monterroso (provincia de Lugo). Unha vez detallados os obxectivos e a metodoloxía do traballo, facemos referencia aos diferentes documentos legais que apoian as funcións e bases organizativas das escolas dos centros penitenciarios Despois de facer este achegamento normativo, expoñemos diferentes teorías e opinións de expertos en materia pedagóxica no tocante á efectividade dos servizos educativos cos que contan as prisións no Estado Español. Sublíñanse tamén as melloras que estes servizos aínda precisan; en calquera caso, trátase dun asunto pouco coñecido socialmente e aínda escasamente investigado. Para coñecer a fondo o centro educativo obxecto de análise, describimos brevemente aspectos relacionados coa práctica diaria do Centro de Educación e Promoción de Persoas Adultas de Monterroso, entre os que se atopan as súas normas de funcionamento, as instalación das que dispón, a metodoloxía e recursos xeralmente empregados ou o perfil de alumnado e profesorado que recibe diariamente a escola. O documento remata cun extenso repertorio de apéndices complementarios, precedidos dunhas conclusións nas que se remarca a necesidade imperiosa na actualidade de que os centros universitarios de Formación do Profesorado asuman decididamente a formación específica que esixen certos postos laborais docentes como o de mestre/a de persoas adultas, e de poboación reclusa máis particularmente

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España