RT Generic T1 As escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de Monterroso T2 Las escuelas de los centros penitenciarios: estudio del caso de Monterroso A1 Fresno Saá, Elena K1 Escuela penitenciaria K1 Prisiones K1 Reeducación K1 Reinserción AB Ao longo deste traballo facemos un estudo sobre o funcionamento e a organización das escolas penitenciarias españolas, e centrámonos particularmente no caso da escola do Centro Penitenciario de Monterroso (provincia de Lugo).Unha vez detallados os obxectivos e a metodoloxía do traballo, facemos referencia aos diferentes documentos legais que apoian as funcións e bases organizativas das escolas dos centros penitenciariosDespois de facer este achegamento normativo, expoñemos diferentes teorías e opinións de expertos en materia pedagóxica no tocante á efectividade dos servizos educativos cos que contan as prisións no Estado Español. Sublíñansetamén as melloras que estes servizos aínda precisan; en calquera caso, trátase dun asunto pouco coñecido socialmente e aínda escasamente investigado.Para coñecer a fondo o centro educativo obxecto de análise, describimos brevemente aspectos relacionados coa práctica diaria do Centro de Educación e Promoción de Persoas Adultas de Monterroso, entre os que se atopan as súas normas de funcionamento, as instalación das que dispón, a metodoloxía e recursos xeralmente empregados ou o perfil de alumnado e profesorado que recibe diariamente a escola.O documento remata cun extenso repertorio de apéndices complementarios, precedidos dunhas conclusións nas que se remarca a necesidade imperiosa na actualidade de que os centros universitarios de Formación do Profesoradoasuman decididamente a formación específica que esixen certos postos laborais docentes como o de mestre/a de persoas adultas, e de poboaciónreclusa máis particularmente YR 2015 FD 2015-07 LK http://hdl.handle.net/10347/14989 UL http://hdl.handle.net/10347/14989 LA glg DS Minerva RD 25 abr 2026