Historia de Unión Fenosa no marco do sector eléctrico 1982 - 2008. Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O presente traballo ten por obxectivo analizar a vida de Unión Fenosa como unha das principais empresas do sector eléctrico español. Dende o ano 1982, no que FENOSA e Unión Eléctrica Madrileña deciden realizar a súa fusión, a compañía situarase como unha empresa de tamaño medio, que foi quen de adaptarse a diversos contextos para sobrevivir até a súa desaparición no ano 2008. Así, analizaranse as diversas estratexias empresariais desenvoltas pola empresa no marco do sector eléctrico, moi cambiante no período, facendo especial énfase ás condicionantes económicas, financeiras e reguladoras, determinantes nun sector como o eléctrico. Deste xeito, valorarase a necesidade real de realizar a fusión, así como as diversas estratexias empresariais, dende a necesidade de asumir o novo marco regulador para afrontar os problemas da débeda até a necesidade de expansión da compañía, en particular sobre a base da internacionalización e a diversificación empresarial. Deste xeito, o factor fundamental para a fusión entre ambas compañías pasaba pola necesidade de solventar os importantes problemas financeiros dunha estratexia de investimentos demasiado grande para as necesidades do mercado nun contexto complexo: desaceleración de consumo eléctrico, deterioro do tipo de cambio e elevados tipos de xuro. Ante esta situación a fusión preséntase como mecanismo para ampliar a escala da compañía e conseguir superar estes problemas, en paralelo á actuación do sector público, fundamental para que o sector eléctrico pervivise no tempo. Unha vez superados os problemas financeiros, a compañía inicia unha senda de crecemento baseada en primeiro lugar na internacionalización e diversificación da compañía ante o esgotamento do mercado natural nun sector maduro como o eléctrico en España, para posteriormente dar lugar a unha nova estratexia de retorno dos investimentos para afrontar os crecementos da demanda eléctrica de comezos da década dos 2000, o que supuxo abandonar a estratexia previa de constitución dunha empresa transnacional multiservizos para converterse nunha empresa integral da enerxía a través da expansión do negocio eléctrico e a creación dunha sección adicada ao control da cadea de valor do gas.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional