RT Dissertation/Thesis T1 Historia de Unión Fenosa no marco do sector eléctrico 1982 - 2008. Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador A1 Dios Vicente, Adrián K1 Unión Fenosa K1 Sector eléctrico K1 Empresas eléctricas AB O presente traballo ten por obxectivo analizar a vida de Unión Fenosa como unha dasprincipais empresas do sector eléctrico español. Dende o ano 1982, no que FENOSA eUnión Eléctrica Madrileña deciden realizar a súa fusión, a compañía situarase comounha empresa de tamaño medio, que foi quen de adaptarse a diversos contextos parasobrevivir até a súa desaparición no ano 2008.Así, analizaranse as diversas estratexias empresariais desenvoltas pola empresa nomarco do sector eléctrico, moi cambiante no período, facendo especial énfase áscondicionantes económicas, financeiras e reguladoras, determinantes nun sector comoo eléctrico.Deste xeito, valorarase a necesidade real de realizar a fusión, así como as diversasestratexias empresariais, dende a necesidade de asumir o novo marco regulador paraafrontar os problemas da débeda até a necesidade de expansión da compañía, enparticular sobre a base da internacionalización e a diversificación empresarial.Deste xeito, o factor fundamental para a fusión entre ambas compañías pasaba polanecesidade de solventar os importantes problemas financeiros dunha estratexia deinvestimentos demasiado grande para as necesidades do mercado nun contextocomplexo: desaceleración de consumo eléctrico, deterioro do tipo de cambio e elevadostipos de xuro. Ante esta situación a fusión preséntase como mecanismo para ampliar aescala da compañía e conseguir superar estes problemas, en paralelo á actuación dosector público, fundamental para que o sector eléctrico pervivise no tempo.Unha vez superados os problemas financeiros, a compañía inicia unha senda decrecemento baseada en primeiro lugar na internacionalización e diversificación dacompañía ante o esgotamento do mercado natural nun sector maduro como o eléctricoen España, para posteriormente dar lugar a unha nova estratexia de retorno dosinvestimentos para afrontar os crecementos da demanda eléctrica de comezos da década dos 2000, o que supuxo abandonar a estratexia previa de constitución dunhaempresa transnacional multiservizos para converterse nunha empresa integral daenerxía a través da expansión do negocio eléctrico e a creación dunha sección adicadaao control da cadea de valor do gas. YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/18261 UL http://hdl.handle.net/10347/18261 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026