Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega
Instituto da Lingua Galega
Abstract
No presente artigo analizaremos cuantitativamente os castelanismos introducidos
no campo semántico das partes do corpo humano. O emprego de métodos
cuantitativos no estudo da variación lingüística estivo restrinxido durante moito
tempo ao ámbito da sociolingüística, xa que no campo da dialectoloxía sempre
houbo reticencias á hora da súa aplicación. No caso galego, o primeiro estudo
que emprega métodos estatísticos para analizar as falas galegas foi realizado por
Xulio Sousa e data do ano 2006, ano no que ve a luz outro traballo máis extenso
das mesmas características da autoría de Rosario Álvarez, Francisco Dubert e do
propio Xulio Sousa. O profesor Henrique Costas (2011) emprega tamén este
método para analizar o grao de proximidade entre as falas do Val do Ellas e as falas
galegas, portuguesas, asturleonesas e castelás. A novidade do noso estudo consiste
en utilizar a estatística para realizar unha análise do contacto galego-castelán.
Description
Bibliographic citation
Negro Romero, Marta (2013). Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano. En: Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias (pp. 221-243). Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega



