As estibadas ou estivadas. Nota etimolóxica
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Nesta nota pretendo iluminar a etimoloxía do substantivo galego estibada / estivada, moi común como topónimo, e a doutros termos pertencentes á mesma familia léxica. Achego exemplos tirados da documentación medieval e razóns semánticas e fonéticas que contradín a etimoloxía máis difundida, segundo a cal tería relación co latín AESTAS e AESTIVUS. Sosteño a etimoloxía que o explica a partir do verbo STĪPARE. Razoo a evolución do significado de estibada a partir de ‘terreo cercado con sebes ou estacas’ e ocúpome dalgúns posibles exemplos de pervivencia dun significado patrimonial de estiba ‘estaca’. Baseándome nesa etimoloxía, defendo a grafía con b empregada pola Comisión de Toponimia no ditame dos topónimos que conteñen o nome estibada, en contra da grafía con v, que é a máis consolidada na nosa tradición lexicográfica e a que figura actualmente no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.
Description
Bibliographic citation
Navaza Blanco, G. (2009). As estibadas ou estivadas. Nota etimolóxica. "Estudos de lingüística galega", vol. 1, 225-233



