Ao redor do feminismo decolonial en Abya Yala: xénero, raza e colonialidade: colectánea dos resultados dunha investigación bibliográfica
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Este traballo é o resultado do proxecto realizado ao longo do curso 2020/2021 no marco dunha bolsa de colaboración coa Área de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O seu cometido era o de levar a cabo unha investigación bibliográfica sobre unha das correntes feministas que está adquirindo un notable auxe nesta cuarta vaga do feminismo contemporáneo: o feminismo decolonial de Abya Yala.
Nestas páxinas, o lector encontrarase cunha antoloxía de fichas de lectura que fun recompilando ao longo destes meses. Aínda sen substituír en nada a consulta das obras orixinais, penso que poden servir a modo dunha primeira aproximación ao tema en cuestión e as obras que lle son máis representativas.
O traballo figura dividido en catro partes: as dúas primeiras agrupan as obras relativas ao xiro decolonial latinoamericano e aos feminismos críticos do Sur, respectivamente. Son estas as dúas influencias por antonomasia do feminismo decolonial latinoamericano, cuxos textos de referencia serán incorporados na terceira sección. Finalmente, a cuarta estará destinada a abordar a posible emerxencia dun feminismo indíxena en Abya Yala e, en especial, a relatar, por medio de distintas voces da antropoloxía e doutras ramas do saber, a experiencia das mulleres zapatistas.
Cada unha das partes atópase precedida, ademais, por un breve estudo introdutorio de colleita propia. Neles, o meu obxectivo é o de ofrecer unha panorámica xeral do que se tratará nas obras que son resumidas a continuación. Débese ter en conta, porén, que se trata dunha interpretación propia e que, por tanto, debe ser confrontada cos escritos fonte. As fichas de lectura, pola súa banda, intentan ser unha reprodución fiel do pensamento das súas autoras e autores. Sen maior preámbulo, os textos falarán por si mesmos
Description
Proxecto realizado no marco da Bolsa de Colaboración con Departamentos Universitarios 2020-2021. Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Área de Antropoloxía
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Dereitos de autoría 2021 Érika Calvo Rivera



