RT Generic T1 Ao redor do feminismo decolonial en Abya Yala: xénero, raza e colonialidade: colectánea dos resultados dunha investigación bibliográfica A1 Calvo Rivera, Érika AB Este traballo é o resultado do proxecto realizado ao longo do curso 2020/2021 no marco dunha bolsa de colaboración coa Área de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O seu cometido era o de levar a cabo unha investigación bibliográfica sobre unha das correntes feministas que está adquirindo un notable auxe nesta cuarta vaga do feminismo contemporáneo: o feminismo decolonial de Abya Yala. Nestas páxinas, o lector encontrarase cunha antoloxía de fichas de lectura que fun recompilando ao longo destes meses. Aínda sen substituír en nada a consulta das obras orixinais, penso que poden servir a modo dunha primeira aproximación ao tema en cuestión e as obras que lle son máis representativas. O traballo figura dividido en catro partes: as dúas primeiras agrupan as obras relativas ao xiro decolonial latinoamericano e aos feminismos críticos do Sur, respectivamente. Son estas as dúas influencias por antonomasia do feminismo decolonial latinoamericano, cuxos textos de referencia serán incorporados na terceira sección. Finalmente, a cuarta estará destinada a abordar a posible emerxencia dun feminismo indíxena en Abya Yala e, en especial, a relatar, por medio de distintas voces da antropoloxía e doutras ramas do saber, a experiencia das mulleres zapatistas. Cada unha das partes atópase precedida, ademais, por un breve estudo introdutorio de colleita propia. Neles, o meu obxectivo é o de ofrecer unha panorámica xeral do que se tratará nas obras que son resumidas a continuación. Débese ter en conta, porén, que se trata dunha interpretación propia e que, por tanto, debe ser confrontada cos escritos fonte. As fichas de lectura, pola súa banda, intentan ser unha reprodución fiel do pensamento das súas autoras e autores. Sen maior preámbulo, os textos falarán por si mesmos YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/26963 UL http://hdl.handle.net/10347/26963 LA glg NO Proxecto realizado no marco da Bolsa de Colaboración con Departamentos Universitarios 2020-2021. Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Área de Antropoloxía DS Minerva RD 28 abr 2026