Ao redor do feminismo decolonial en Abya Yala: xénero, raza e colonialidade: colectánea dos resultados dunha investigación bibliográfica
| dc.contributor.advisor | Herrero Pérez, María Nieves | |
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filosofía e Antropoloxía | |
| dc.contributor.author | Calvo Rivera, Érika | |
| dc.date.accessioned | 2021-10-01T12:11:03Z | |
| dc.date.available | 2021-10-01T12:11:03Z | |
| dc.date.issued | 2021 | |
| dc.description | Proxecto realizado no marco da Bolsa de Colaboración con Departamentos Universitarios 2020-2021. Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Área de Antropoloxía | gl |
| dc.description.abstract | Este traballo é o resultado do proxecto realizado ao longo do curso 2020/2021 no marco dunha bolsa de colaboración coa Área de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O seu cometido era o de levar a cabo unha investigación bibliográfica sobre unha das correntes feministas que está adquirindo un notable auxe nesta cuarta vaga do feminismo contemporáneo: o feminismo decolonial de Abya Yala. Nestas páxinas, o lector encontrarase cunha antoloxía de fichas de lectura que fun recompilando ao longo destes meses. Aínda sen substituír en nada a consulta das obras orixinais, penso que poden servir a modo dunha primeira aproximación ao tema en cuestión e as obras que lle son máis representativas. O traballo figura dividido en catro partes: as dúas primeiras agrupan as obras relativas ao xiro decolonial latinoamericano e aos feminismos críticos do Sur, respectivamente. Son estas as dúas influencias por antonomasia do feminismo decolonial latinoamericano, cuxos textos de referencia serán incorporados na terceira sección. Finalmente, a cuarta estará destinada a abordar a posible emerxencia dun feminismo indíxena en Abya Yala e, en especial, a relatar, por medio de distintas voces da antropoloxía e doutras ramas do saber, a experiencia das mulleres zapatistas. Cada unha das partes atópase precedida, ademais, por un breve estudo introdutorio de colleita propia. Neles, o meu obxectivo é o de ofrecer unha panorámica xeral do que se tratará nas obras que son resumidas a continuación. Débese ter en conta, porén, que se trata dunha interpretación propia e que, por tanto, debe ser confrontada cos escritos fonte. As fichas de lectura, pola súa banda, intentan ser unha reprodución fiel do pensamento das súas autoras e autores. Sen maior preámbulo, os textos falarán por si mesmos | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/26963 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Dereitos de autoría 2021 Érika Calvo Rivera | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.title | Ao redor do feminismo decolonial en Abya Yala: xénero, raza e colonialidade: colectánea dos resultados dunha investigación bibliográfica | gl |
| dc.type | other | gl |
| dspace.entity.type | Publication |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2021_DFA_calvo_aoredor.pdf
- Size:
- 1.86 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: