Manexo optométrico en pacientes con diabetes

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A diabetes é unha enfermidade de gran importancia a nivel mundial actualmente, cuxa prevalencia está en constante aumento. Esta condición leva a complicacións graves se non se detecta e manexa adecuadamente. Unha das principais preocupacións é que, nas súas fases iniciais, a diabetes pode cursar de maneira asintomática. Por elo, a detección temperá é fundamental para minimizar os riscos asociados. Enfermidades relacionadas, tales como a retinopatía diabética ou o edema macular diabético, son unhas das principais causas de baixa visión e cegueira en adultos no mundo. Ademais da detección temperá, para previr as complicacións é esencial a promoción dun estilo de vida saudable, onde entra a importancia de contar cun equipo multidisciplinar para lograr unha atención efectiva. Neste contexto, os ópticos-optometristas xogan un papel crucial no manexo da diabetes, especialmente na identificación de signos precoces da enfermidade. Estes signos poden manifestarse en forma de alteracións visuais, tales como: cambios refractivos, defectos na visión cromática, alteracións no campo visual, diminución da sensibilidade ao contraste, cambios na amplitude de acomodación e problemas na visión binocular. Outro aspecto importante no que se resalta a labor do óptico-optometrista é na rehabilitación visual. Este campo presta a asistencia necesaria para as persoas con baixa visión a través do uso e adaptación de ferramentas como axudas ópticas, non ópticas e electrónicas, as cales permiten mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes con perda visual.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International