RT Generic T1 Manexo optométrico en pacientes con diabetes A1 Santamarina Anes, Antía K1 Diabetes K1 Retinopatía diabética K1 Edeme macular diabético K1 Alteracións visuais AB A diabetes é unha enfermidade de gran importancia a nivel mundial actualmente, cuxa prevalencia está en constante aumento. Esta condición leva a complicacións graves se non se detecta e manexa adecuadamente. Unha das principais preocupacións é que, nas súas fases iniciais, a diabetes pode cursar de maneira asintomática. Por elo, a detección temperá é fundamental para minimizar os riscos asociados. Enfermidades relacionadas, tales como a retinopatía diabética ou o edema macular diabético, son unhas das principais causas de baixa visión e cegueira en adultos no mundo. Ademais da detección temperá, para previr as complicacións é esencial a promoción dun estilo de vida saudable, onde entra a importancia de contar cun equipo multidisciplinar para lograr unha atención efectiva.Neste contexto, os ópticos-optometristas xogan un papel crucial no manexo da diabetes, especialmente na identificación de signos precoces da enfermidade. Estes signos poden manifestarse en forma de alteracións visuais, tales como: cambios refractivos, defectos na visión cromática, alteracións no campo visual, diminución da sensibilidade ao contraste, cambios na amplitude de acomodación e problemas na visión binocular. Outro aspecto importante no que se resalta a labor do óptico-optometrista é na rehabilitación visual. Este campo presta a asistencia necesaria para as persoas con baixa visión a través do uso e adaptación de ferramentas como axudas ópticas, non ópticas e electrónicas, as cales permiten mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes con perda visual. YR 2024 FD 2024 LK https://hdl.handle.net/10347/37792 UL https://hdl.handle.net/10347/37792 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026