Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-789-2

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade que lle toca vivir de preto, como mestra de educación infantil e especialista de música na etapa de primaria. As necesidades metodolóxicas abordadas, así como o desenvolvemento da escrita que se presenta, dividida en tres partes piares e cinco puntos que fundamentan a escrita do estudo, responden a criterios de investigación relacionados coa propia implicación da investigadora. Os piares do estudo son a explicitación ontolóxica que rodea este traballo, relacionado coa exposición científica do suxeito, o obxecto e o contexto, a consideración epistemolóxica que responde á necesidade de procurar unha base no coñecemento científico a partir dunha análise da diversidade de estudos realizados sobre a educación musical e os materiais didácticos no noso contexto e fóra del, e o desenvolvemento dunha metodoloxía apropiada tendo en conta os piares anteriores cos que constitúe a investigación mesma. Os puntos fundamentais responden a unha estruturación da escrita dividida en seis capítulos (os tres primeiros relatan a parte ontolóxica, o cuarto a epistemolóxica e o quinto e sexto as estratexias metodolóxicas), un preludio a modo introdutorio de todo o estudo e unhas conclusións que invitan a seguir reflexionando no mundo da percepción docente e dos materiais didácticos e musicais na etapa infantil e seguintes.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl