RT Dissertation/Thesis T1 Os materiais didácticos e musicais en educación infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepción docente en Galicia A1 Vicente Álvarez, Rosa María AB A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade que lle toca vivir de preto, como mestra de educación infantil e especialista de música na etapa de primaria.As necesidades metodolóxicas abordadas, así como o desenvolvemento da escrita que se presenta, dividida en tres partes piares e cinco puntos que fundamentan a escrita do estudo, responden a criterios de investigación relacionados coa propia implicación da investigadora.Os piares do estudo son a explicitación ontolóxica que rodea este traballo, relacionado coa exposición científica do suxeito, o obxecto e o contexto, a consideración epistemolóxica que responde á necesidade de procurar unha base no coñecemento científico a partir dunha análise da diversidade de estudos realizados sobre a educación musical e os materiais didácticos no noso contexto e fóra del, e o desenvolvemento dunha metodoloxía apropiada tendo en conta os piares anteriores cos que constitúe a investigación mesma.Os puntos fundamentais responden a unha estruturación da escrita dividida en seis capítulos (os tres primeiros relatan a parte ontolóxica, o cuarto a epistemolóxica e o quinto e sexto as estratexias metodolóxicas), un preludio a modo introdutorio de todo o estudo e unhas conclusións que invitan a seguir reflexionando no mundo da percepción docente e dos materiais didácticos e musicais na etapa infantil e seguintes. SN 978-84-9887-789-2 YR 2012 FD 2012-02-02 LK http://hdl.handle.net/10347/3629 UL http://hdl.handle.net/10347/3629 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026