Métodos de prevención de ataques de lobo ao gando e a súa aplicación en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O lobo (Canis lupus) é o maior depredador da Península Ibérica. A relación entre este animal e
os humanos comezou no Paleolítico pero viuse interrompida pola chegada da gandería durante o
Neolítico.
Na actualidade, a nivel europeo existen 9 poboacións diferentes deste depredador. Dentro do
territorio peninsular, encontramos 297 mandas da subespecie signatus en proceso de expansión
cara o sur e o leste e, no marco da nosa comunidade autónoma, atopamos 90 mandas reprodutoras
distribuídas ao longo do 94% da rexión.
A clave para reducir o risco de que se produza unha diminución da tolerancia social cara a este
animal e lograr compatibilizar a súa recuperación coa rendibilidade das explotacións gandeiras
atópase en minimizar os danos. Hoxe en día, sábese que para acadar este fin débese restrinxir o
acceso deste gran carnívoro ao gando.
Existen numerosos métodos preventivos que buscan compatibilizar a gandería coa presenza do
lobo. Debido á inclusión deste animal no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección
Especial (LESPRE), feito que impide o seu control de poboación, neste traballo analízanse as
medidas de carácter non letal dispoñibles e estúdase a súa posible aplicación en Galicia.
Tras a revisión bibliográfica realizada e pese a tratarse dun tema actual con tanta repercusión nos
medios de comunicación, atopámonos cun número moi baixo de artigos cunha base científica
fiable. Así mesmo, concluímos que non existe un único método preventivo que funcione en todas
as situacións, polo que se debe procurar aquel que sexa útil en cada circunstancia determinada.
Description
Traballo Fin de Grao en veterinaria. Curso 2021-2022
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional








