RT Generic T1 Métodos de prevención de ataques de lobo ao gando e a súa aplicación en Galicia A1 Silvarrey López, Sabela K1 Canis lupus K1 Medidas preventivas K1 Coexistencia K1 Protección K1 Explotacións K1 Efectividade AB O lobo (Canis lupus) é o maior depredador da Península Ibérica. A relación entre este animal eos humanos comezou no Paleolítico pero viuse interrompida pola chegada da gandería durante oNeolítico.Na actualidade, a nivel europeo existen 9 poboacións diferentes deste depredador. Dentro doterritorio peninsular, encontramos 297 mandas da subespecie signatus en proceso de expansióncara o sur e o leste e, no marco da nosa comunidade autónoma, atopamos 90 mandas reprodutorasdistribuídas ao longo do 94% da rexión.A clave para reducir o risco de que se produza unha diminución da tolerancia social cara a esteanimal e lograr compatibilizar a súa recuperación coa rendibilidade das explotacións gandeirasatópase en minimizar os danos. Hoxe en día, sábese que para acadar este fin débese restrinxir oacceso deste gran carnívoro ao gando.Existen numerosos métodos preventivos que buscan compatibilizar a gandería coa presenza dolobo. Debido á inclusión deste animal no Listado de Especies Silvestres en Réxime de ProtecciónEspecial (LESPRE), feito que impide o seu control de poboación, neste traballo analízanse asmedidas de carácter non letal dispoñibles e estúdase a súa posible aplicación en Galicia.Tras a revisión bibliográfica realizada e pese a tratarse dun tema actual con tanta repercusión nosmedios de comunicación, atopámonos cun número moi baixo de artigos cunha base científicafiable. Así mesmo, concluímos que non existe un único método preventivo que funcione en todasas situacións, polo que se debe procurar aquel que sexa útil en cada circunstancia determinada. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30432 UL http://hdl.handle.net/10347/30432 LA glg NO Traballo Fin de Grao en veterinaria. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 26 abr 2026