A redefinición da política de control de fronteiras da Unión Europea á luz da crise de refuxiados

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O presente traballo de investigación constitúe un percorrido crítico polos cambios experimentados na política de control de fronteiras e de asilo da Unión Europea como consecuencia da crise de refuxiados afrontada por Europa na pasada década. As orixes da crise poden situarse nos movementos de desprazados producidos polos conflitos que tiveron lugar, desde 2011, en varios países do norte de África e de Oriente próximo, na denominada Primavera Árabe. A rápida deterioración da situación en varios países da rexión conduciría en último termo a enfrontamentos civís que desembocarían na chegada masiva ás fronteiras exteriores europeas de máis dun millón de persoas, fundamentalmente por vía marítima, provocando unha crise humanitaria sen precedentes. Como consecuencia, produciuse o colapso dos sistemas de control de fronteiras e de recepción de solicitantes de asilo nas seccións da fronteira exterior europea máis expostas pola súa situación xeográfica. Mentres, a nivel interno, os movementos secundarios conducirían a reintrodución dos controis fronteirizos no interior do espazo Schengen.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International